Tuesday 14 de May de 2024

A Pobra estende o Black Friday ata 25 de novembro con varias accións de dinamización


O Black Friday vivirase neste venres 24, se ben en moitas localidades se estende este fenómeno a toda a fin de semana. Na Pobra do Caramiñal, a Asociación de Empresarios, coa colaboración do Concello e da Deputación da Coruña, organiza unha serie de accións de dinamización para o sábado 25.

Así, os Xardíns de Valle-Inclán acollerán diversas actividades en horario de 20.30 a 23.00 horas.

Haberá food truck con hamburguesas e pizzas, unha actuación de DJ, maquillaxe glitter e unha plataforma 360.